Galician Film Forum, en Londres
O venres 20 de marzo ás 18,30 h., no King's College de Londres, terá lugar a primeira sesión do Galicia Film Forum, con entrada de balde (aínda que se recomenda reservar).
Proxeccións:
- Encallados, longametraxe dirixida por Alfonso Zarauza
- Curricán, curtametraxe dirixida por Álvaro Gago
- 1977, curtametraxe dirixida por Peque Varela
Sesión de preguntas e respostas:
- Despois da proxección dos filmes haberá unha sesión de preguntas e respostas conducida por Belén Vidal, profesora do KCL
- Os directores das curtas estarán presentes e conectarase con Alfonso Zarauza e os actores de Encallados por Skype

Evento:
Proxección
Organiza:
Galician Film Forum
Data:
20.03.2015
Hora:
18,30
Lugar:
King's College London - Anatomy Lecture
Strand Campus
Londres - WC2R 2LS Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: