Galicia Pórtico Universal - Córdoba

Listen to this page using ReadSpeaker
1118 lecturas

Do venres 3 ao domingo 5 de outubro, no Vial Norte da capital cordobesa, celébrase o "Galicia Pórtico Universal - Córdoba". As actividades que se levarán a cabo nesta área expositiva de Galicia inclúen unha exposición de artesanía galega, exposición de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostración en vivo dunha actividade artesán galega, área de información de Turgalicia e Xacobeo e unha aula de catas.

Ademais compleméntase cunha pequena tenda onde se van vender mais de 50 referencias de produtos de calidade diferenciada, a maioría non perecedoiros (viños, conservas de peixe e mariscos, mel, augardentes, etc) e perecedoiros (queixos). Tamén a artesanía galega terá o seu espazo nesta tenda.

Programa:

  • Venres, 3 de outubro
    -13,00 h.: Inauguración do stand Galicia Pórtico Universal
    Actuación do Grupo Folclórico Airiños dá terra da Casa de Galicia amenizando este acto de inauguración
    -15,00 h.: Xantar para todos/as os/as socios/as da Casa de Galicia e autoridades na sede da entidade galega en Córdoba, servido polo restaurador José Mª
    -Actuación na sobremesa do Grupo Folclórico Airiños da terra, da Casa de Galicia en Córdoba
    -21,00 h.: Recital poético de poemas de Rosalía de Castro (no escenario que haberá no mesmo recinto do Vial Norte onde se celebra a mostra)
  • Sábado, 4 de outubro
    -Visita á mostra polo público en xeral e actividade na Aula de Catas
    -21,00 h.: Concerto de Susana Seivane no escenario instalado no recinto da Mostra Galega. Durante este actuará o Grupo da Casa Airiños da terra
  • Domingo, 5 de outubro
    -Apertura das carpas ao público en xeral e actividade na Aula de Catas
    -13,30 h.: Actuación do Grupo da Casa de Galicia Airiños da terra
Galicia Pórtico Universal - Córdoba
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Xunta de Galicia
Casa de Galicia en Córdoba
Data: 
03.10.2014 a 05.10.2014
Lugar:
Stand Galicia Pórtico Universal
Avda. de la Libertad, s/n - (Vial Norte)
Córdoba - 14006Córdoba
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: