Galicia Pórtico Universal - Burgos

Listen to this page using ReadSpeaker
1208 lecturas

Do venres 17 ao domingo 19 de abril, na Praza de España da capital castelá, celébrase o "Galicia Pórtico Universal - Burgos". As actividades que se levarán a cabo nesta Área expositiva de Galicia inclúen unha exposición de artesanía galega, exposición de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostración en vivo dunha actividade artesán galega, área de información de Turgalicia e Xacobeo, unha aula de catas e música en directo.

Ademais compleméntase cunha pequena tenda onde se van vender mais de 50 referencias de produtos de calidade diferenciada, a maioría non perecedoiros (viños, conservas de peixe e mariscos, mel, augardentes, etc) e perecedoiros (queixos). Tamén a artesanía galega terá o seu espazo nesta tenda.

  • Horarios:
    -Venres de 17,00 a 21,30 h.
    -Sábado e domingo de 10,30 a 15,00 h. e de 17,00 a 21,30 h.
  • Cartel - programa (picar aquí para descargar)
Galicia Pórtico Universal - Burgos
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Centro Galego en Burgos
Xunta de Galicia
Data: 
17.04.2015 a 19.04.2015
Lugar:
Área expositiva de Galicia
Plaza de España, s/n
Burgos - 09005 Burgos
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: