Gala XV Aniversario da ACG Agarimos de Badalona
O sábado 24 de novembro ás 17,00 h., no Teatre Principal de Badalona, a Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona celebrará a Gala do seu XV Aniversario. Ademais das actuacións do grupo folklórico, homenaxearase a D. Jesús Galán, poeta e mestre gaiteiro. O prezo das entradas é de 3 € para as persoas adultas (menores de 12 anos entran de balde) e pódense retirar no local social da entidade (no Barrio de Llefià, na rúa París 45, baixos) ou facer a reserva nos tlfs. 619665812 ou 687112460 antes do 10 de novembro.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Agrupación Cultural Agarimos
Data:
24.11.2012
Hora:
17,00
Lugar:
Teatre Principal de Badalona
Francesc Layret, 41
Badalona - 08911Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





