Fin de Ano 2012 na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Na noite do luns 31 de decembro ao martes 1 de xaneiro de 2013, a partir das 21,00 h. na Pista techada da entidade, a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas organiza unha Festa de Fin Ano, que estará amenizada coas actuacións da orquestra Las Vibraciones, o Grupo Cinema e o Discplay Dj Events.
Reservas:
- Haberá un menú buffet para as persoas adultas (cun custo de 900 Bs.) e outro especial para nenos e nenas (200 Bs.)
- Para a reserva de silla as e os interesados deben dirixirse á Dirección de Admisión y Orden Social, de luns a venres, de 14,00 a 20,00 h., a partir do martes 11 de decembro.
- Para este día quedan suspendidos os pases de cortesía outorgados polo Consejo Directivo, unicamente poderán ser utilizados os pases de cor azul de pronto pagamento. As invitacións para as e os non socios tenrán un valor de Bs. 250,00 adultos, e Bs. 150,00 nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade (IVE incluído). Para as e os non socios que cancelen o Menú Buffet Festa de Fin de Ano, inclúe a entrada á institución.

Evento:
Festa
Organiza:
Hermandad Gallega de Venezuela
Data:
31.12.2012
Hora:
21,00
Lugar:
Hermandad Gallega de Venezuela - Pista techada
Avenida Principal Maripérez con Andrés Bello
Caracas - 1050-AVenezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





