Festas do Apóstolo 2012 en Sestao
Do 20 a 22 de xullo a Agrupación Hijos de Galicia de Sestao e o Concello da vila biscaíña organizan as Festas do Apóstolo 2012.
Programa
- Venres, 20 de xullo:
19,00 h. Inauguración da Feira do Polbo, na praza do Kasko.
20,00 h. Amenización musical a cargo do grupo Sirimiri.
- Sábado, 21 de xullo:
10,00 h. Apertura da Feira do Polbo, na praza do Kasko.
11,30 h. Pasarrúas a cargo do grupo Os Jarteiriños – Nosa Xente.
14,00 h. Xantar popular das peñas de Sestao, no campo da igrexa de Santa María.
17,00 h. Castelos inchables e xogos infantís na praza de San Pedro.
17,30 h. Xuntanza de peñas na praza do Kasko.
17,30 h. Inauguración oficial na praza do Kasko dos actos programados para a celebración das Festas de Santiago Apóstolo polo excmo. señor alcalde, don Josu Bergara, a Xunta Directiva da agrupación e a corporación municipal de Sestao. Pregón a cargo de don Xosé María Teixido, alcalde de Guitiriz, e txupinazo acompañado dun baile de honra do grupo de danzas e gaitas Nosa Xente.
18,00 h. Pasarrúas a cargo da fanfarra El Despiste.
19,00 h. Actuación da Banda Municipal de Música de Guitiriz (Lugo).
20,00 h. Sesión de tarde a cargo da orquestra Priemra Plana, na praza do Kasko.
22,00 h. Gran queimada na praza do Kasko.
24,00 h. Verbena coa orquestra Primera Plana e gran Traca nos xardíns do concello.
- Domingo, 22 de xullo:
10,00 h. Apertura da Feira do Polbo, na praza do Kasko.
11,30 h. Procesión dende a sede da agrupación ata a igrexa de Santa María.
12,00 h. Misa na honra do Apóstolo Santiago, na igrexa de Santa María de Sestao, cantada polo
Coro Saudade e o grupo Nosa Xente.
12,30 h. Música de rúa a cargo da fanfarra El Despiste de Sestao.
13,00 h. Actuación da Banda de Música de Guitiriz (Lugo), na praza do Kasko.
13,30 h. Sesión vermú a cargo da orquestra Primera Plana.
17,00 h. Castelos inchables e xogos infantís na praza de San Pedro.
20,00 h. Sesión de tarde e verbena amenizadas pola orquestra Primera Plana.






