Festa da Rosa de Mos - Acto homenaxe á Emigración, en Mos
O sábado 9 de xuño a partir das 20:00 h, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, dentro da celebración da Festa da Rosa 2018 da vila mosense terá lugar un acto de homenaxe á Emigración co gallo da celebración do Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires.
Programa:
- 19:45 h. Apertura do auditorio
- 20:00 h. Intervención da alcaldesa de mos, Nidia Arévalo, xunto cos/coas compoñentes dos grupos de gaitas que viaxaron á capital arxentina polo centenario de Residentes de Mos en Bos Aires, “Xulio Lorenzo & banda” e “A Vacaloura Vermella”, Parella de Baile e a concelleira de cultura, Sara Cebreiro
- 20:15 h. Intervención do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda
- 20:20 h. Presentación do acto a cargo do grupo de teatro “As Jaliñas de Mos”
- 20:30 h. Concerto de “Andrea Pousa & Banda” Especial Emigración: Un verso, un cantar
- 21:30 h. Interpretación do himno de Mos, a cargo de Xulio Lorenzo

Evento:
Homenaxe
Organiza:
Concello de Mos
Data:
09.06.2018
Hora:
20:00
Lugar:
Auditorio de Torroso
Estrada Puxeiros-Mos, 40
Mos - 36417Pontevedra España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





