Festa do Marisco e do Polbo en Lleida coa colaboración do Centro Galego de Lleida

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

168 lecturas

A cidade de Lleida celebra do xoves 22 ao domingo 25 de outubro a súa Festa do Marisco e do Polbo, unha celebración gastronómica coa que colabora o Centro Galego de Lleida.

A feira, para os amantes da gastronomía, terá lugar na carpa situada no aparcamento do Camp D'Esports do Lleida, cun horario das 12:00 ás 23:00 horas.

Serán catro días para saborear algúns dos pratos máis emblemáticos de Galicia, desfrutar da boa comida en compañía e brindar cos mellores sabores da terra. Entre os produtos a degustar nestas xornadas estarán:

  • Unha selección de marisco.
  • Polbo con cachelos.
  • Pementos de Padrón.
  • Empanada galega.
  • Carne ao caldeiro.
  • Carne á brasa.
  • Torta de Santiago e unha selección de doces.
  • Bebidas galegas.

A inauguración da festa terá lugar o xoves 22 ás 20:00 horas e nese día obsequiarase cunha tapa de mexillóns de balde por persoa e consumición.

Máis info: Facebook.

Festa do marisco e do polbo en Lleida coa colaboración do Centro Galego de Lleida.
Evento: 
Festa
Organiza: 
Centro Galego de Lleida
Data: 
22.10.2026 a 25.10.2026
Hora: 
20:00
Lugar:
Camp D'Esports do Lleida
Av. do Doctor Fleming
Lleida - 25006Lleida
España
booked.net