Festa Major de Lleida coa participación do Centro Galego de Lleida

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

14 lecturas

O Centro Galego de Lleida convida aos seus socios a participar un ano máis nunha das semanas máis especiais da cidade, a da celebración do San Anastasio, desde este venres 8 de maio ata o luns 11 de maio.

Nesta ocasión, o Centro Galego participará en dous eventos:

  • O sábado 9 de maio, ás 18:00 horas: Na Praza de Ricard Viñes, haberá unha gran actuación folclórica, na que este ano estará presente o grupo Aires da Nosa Galicia, de Santa Coloma de Gramenet.
     
  • O luns 11 de maio: Como marca a tradición, o Centro Galego participará na Ofrenda Floral a San Anastasio, cun desfile moi emotivo.

Máis info: Facebook.

Festa Major de Lleida coa participación do Centro Galego de Lleida.
Evento: 
Festa
Data: 
09.05.2026 a 11.05.2026
Hora: 
18:00
Lugar:
Centro Galego de Lleida
Carrer Joc de la Bola, 20
Lleida - 25003Lleida
España
booked.net