Festa dos Reis Magos no Centro Galicia en Ponferrada
O luns 6 de xaneiro a partir das 18,00 h., na sede da entidade, o Centro Galicia en Ponferrada celebra a tradicional Festa de Reis.
Haberá un espectáculo infantil, logo chegarán as SS.MM. os Reis Magos con regalos para as e os máis cativos e contarase coas actuacións musicais da Banda de Gaitas, o Grupo de Pandereteiras e os alumnos e alumnas de gaita, pandeireta e canto do Centro Galicia en Ponferrada, que obsequiaran ás e aos asistentes coas panxoliñas de Nadal, que tamén poderán degustar o roscón de Reis.

Organiza:
Centro Galicia en Ponferrada
Data:
06.01.2014
Hora:
18,00
Lugar:
Centro Galicia en Ponferrada
Avda. Reyes Católicos, 5-7 - baixo
Ponferrada - 24402León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





