Festa das Dores e das Milagres de Requián 2017, no Centro Partido da Estrada en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
574 lecturas

O domingo 17 de setembro ás 13:00 h, na sede da entidade galega na capital arxentina, o Centro Cultural del Partido da Estrada celebra a Festa das Dores  e das Milagres de Requián, ademais do aniversario dos socios e socias que cumpran anos entre o 14 de agosto e o 17 de setembro, sendo convidadas/as especiais da institución, e tendo as súas respectivas tarxetas reservadas.

  • O menú ten un custo de 430 $ e constará de: perna de xamón con tortilla, costelar de porco e polo ao forno con patacas, canilla libre (viños tinto e branco, gaseosas, sodas, augas),  xeado, café e o brinde acompañado por exquisitas tortas
  • Reservas nos tlfs.: 4200-0807, 4612-3787 
  • A festa estará amenizada coa actuación de "José Eugenio y su órgano"
  • Máis info no facebook
Festa das Dores e das Milagres de Requián 2017, no Centro Partido da Estrada en Bos Aires
Evento: 
Festa
Organiza: 
Centro Cultural del Partido de la Estrada
Data: 
17.09.2017
Hora: 
13:00
Lugar:
Centro Cultural del Partido de la Estrada
México, 2849
1223Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina