Festa cultural do Polbo 2019 do Centro Cultural 'Airiños da Nosa Galicia' de Santa Coloma de Gramenet
- EVENTO SUSPENDIDO -
Do venres 18 ao domingo 20 de outubro, no Parc d´Europa desta localidade barcelonesa, o Centro Cultural e Social "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet organiza a súa VIIª Festa cultural do Polbo, unha festa tradicional galega onde concorren a gastronomía, a cultura e a diversión. Contarase con actuacións de grupos de folclore tradicional galego e música en vivo e en directo para bailar e escoitar, conferencias, exposicións, concurso de enfiado de agullas, pasacalles, castellers, puntaires, trabucaires mercado de produtos da terra, obradoiros e atraccións para grandes e pequenos/as etc.
Revista/Programa: picar aquí para descargar
Máis info: www.airinosdanosagalicia.org | Facebook | Twitter | Instagram
Evento:
Romaría
Organiza:
Centro Cultural e Social "Airiños da Nosa Galicia"
Data:
18.10.2019 a 20.10.2019
Lugar:
Parc d´Europa
Av. de Francesc Macià
Santa Coloma de Gramenet - 08924Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: