Festa 80º aniversario do Galícia Esporte Clube de Salvador de Bahía
O domingo 3 de febreiro a partir das 11,00 h., na sede do Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea (en Lauro de Freitas), o Galícia Esporte Clube de Salvador de Bahía celebra a Festa do seu 80º Aniversario.
- Oficiarase unha misa, e haberá a tradicional sardiñada galega, xantar, agasallos e promocións para as e os "galicianos", tamén coa atracción especial de Robozito para as e os máis cativos.
- O custo da entrada é de R $ 30,00 (bebidas non incluídas); nenos e nenas de 6 a 12 anos pagarán R $ 15,00, e para as e os menores de 5 anos a entrada é de balde.
- As invitacións poden ser adquiridas no local, o día do evento, ou anticipadamente contactando de xeito telefónico cos seguintes membros da dirección do Galicia:
-Manolo Muiños (8883-1966)
-Beto Oubinha (9123-9339)
-Fernando Peleteiro (9134-3623)
-Eduardo Matta (8182-7642) - Máis info: www.galiciaec.com.br

Evento:
Aniversario
Organiza:
Galicia Esporte Clube
Data:
03.02.2013
Hora:
11,00
Lugar:
Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea
Av. Brigadeiro Alberto da Costa Matos, s/n Lauro de Freitas
42700-000 Bahia Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





