"Feira de Marzo" no Centro Galego de Alicante
O Centro Galego de Alicante celebra un día de feira típica galega, baixo o título de "A Feira de Marzo", o sábado 28 de marzo, a partir das 14:00 horas.
Para este encontro, na súa sede, haberá empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, tarta de Santiago, bebidas, cafés e infusións.
Ademais, tamén haberá gaiteiros, queimada e unha boa foliada.
Prezo: 37€ por persoa.
Reservas: 648 47 13 93 (ata o 23 marzo).

Evento:
Feira
Organiza:
Centro Galego de Alicante
Data:
28.03.2026
Hora:
14:00
Lugar:
Centro Galego de Alicante
Carrer de Jovellanos, 1
Alicante - 03002Alicante-Alacant España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






