Feira do Marisco e do Polbo en Lleida
O Centro Galego de Lleida organiza do xoves 26 ao domingo 29 de marzo, no aparcamento do Camp d'Esports de Lleida, a Feira do Marisco e do Polbo.
Será unha das grandes citas do ano para a entidade, a cal será inaugurada o xoves 26 ás 20:00 horas, cunha cita con mexillóns gratis por consumición.
Neste gran evento haberá:
- O mellor marisco, traído desde Galicia: polbo, cigalas, mexillóns, berberechos, gambas ou navallas.
- Carne á brasa e lacón.
- Clásicos como empanada galega ou pementos de Padrón.
- Viño autóctono para brindar.
A Feira está aberta a todas as persoas interesadas en probar produto galego de primeira calidade.
Máis info: Facebook.

Evento:
Festa
Organiza:
Centro Galego de Lleida
Data:
26.03.2026 a 29.03.2026
Hora:
20:00
Lugar:
Camp d'Esports de Lleida
Av. del Doctor Fleming Aparcamento
Lleida - 25006Lleida España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






