Feira de Emprego da Xunta de Galicia en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
310 lecturas

A Xunta de Galicia organiza unha Feira de Emprego en Montevideo o luns 10 de marzo para fomentar o retorno de emigrantes a Galicia.

Haberá unha lista cos postos ofertados, entrevistas na propia feira e mesmo se poderán firmar contratos no mesmo día. Ademais tamén se poderá:

  • Coñecer os programas de retorno da Xunta.
  • Tomar contacto co tecido empresarial galego que busca profesionais.
  • Acceder ás oportunidades ofertadas polo mercado laboral galego.
  • Formar parte da selección dos 200 postos de traballo ofertados polo programa Retorna Cualifica Emprego.

Onde?: Hotel Radisson Victoria Plaza (Praza Independencia 759).

Horario de atención: Das 10:00 ás 13:30 horas e das 15:30 ás 20:00 horas.

Inscricións para a feira: Xunta de Galicia.

Máis info: Facebook.

Feira de Emprego da Xunta de Galicia en Montevideo
Evento: 
Feira
Organiza: 
Xunta de Galicia
Data: 
10.03.2025
Hora: 
10:00
Lugar:
Hotel Radisson Victoria Plaza
Praza Independencia 759
Montevideo - 11100Montevideo
Uruguai
booked.net