Exposicións de pintura de Carmen Prado, "Personaxes", e de Xesús Vázquez, "Os meus novos abstractos", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
617 lecturas

O martes 3 de outubro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, inaugúranse as mostras de pintura Personaxes, de Carmen Prado, e Os meus novos abstractos, de Xesús Vázquez.

  • Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición. Tras máis de 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, realiza en 2013 a súa primeira exposición pictórica. Os aspectos máis destacables da súa obra son o uso da cor e que pinta, eminentemente, figura feminina, aspecto polo que a prensa en xeral comezou a denominala “a pintora das mulleres”.

  • Para Jesús Vázquez Gallego (artisticamente, Xesús Vázquez) a pintura é unha afección que lle acompaña desde os seus primeiros anos no campo da medicina, como unha vía de escape á tensión diaria. Desde os seus comezos ata a actualidade apréciase unha marcada evolución na súa obra, que iniciou por paisaxes que lle serviron para familiarizarse cos pinceis; agora explora unha técnica máis abstracta, nunha constante evolución en procura de novidades e desenvolvemento artístico e persoal. As xeometrías expresionistas de Xesús Vázquez reinterpretan as formas desde unha óptica onde a cor e a textura son os protagonistas.

Datas da exposición: Do 3 ao 31 de outubro de 2023

Horario de visita: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h | Festivos, de 10:00 a 14:00 h

Exposicións de pintura de Carmen Prado, "Personaxes", e de Xesús Vázquez, "Os meus novos abstractos", en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
03.10.2023
31.10.2023
Hora: 
19:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net