Exposición de pintura "Personaxes e festas na historia de Galicia", de Carlos Santos, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
580 lecturas

O xoves 6 de setembro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra de pintura Personaxes e festas na historia de Galicia, de Carlos Santos, en Madrid

  • O pintor colombiano Carlos Santos presenta unha mostra na que os protagonistas son figuras populares que serviron de pregoeiros á internacionalmente coñecida "Feira do Cocido de Lalín", festa gastronómica que enxalza ao porco en todo o seu esplendor e convérteo en mito.

  • Nacido en Colombia (Riosucio de Chocó, 1962), Carlos Santos formouse na Escola de Belas Artes de Cartaxena de Indias así como no obradoiro do pintor Jean Pierre Accault. Tamén coñeceu as obras dos pintores que pertenceron á escola do mestre Pierre Daguet. Remonta a súa andaina plástica ao ano 85, na Cartaxena colombiana e, a partir de aí, o seu espírito viaxeiro levoulle por Ecuador, Alemaña, Suíza e outros lugares, ata recalar na Coruña, onde realizou, desde 2010, unhas vinte exposicións, case todas en locais alternativos. Actualmente reside en Lalín.

  • Espírito curioso e hábil debuxante, dedicouse a recoller en apuntamentos a vida dos lugares por onde transitou; motívalle o palpitar da urbe, a variedade dos tipos humanos e a singularidade comunicativa que se establece nos lugares de encontro; por iso pintou moitos bares cheos de colorido e efervescencia onde a cor fúndese, sinestesicamente, cos sabores e os cheiros.

Datas da exposición: do 06.09.2018 a 29.09.2018

Horario de visita: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h | Festivos: de 10:00 a 14:00 h

Exposición de pintura "Personaxes e festas na historia de Galicia", de Carlos Santos, en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
06.09.2018
29.09.2018
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España