Exposición de pintura "Nova Terra, Nova Inspiración", de Howard Ross, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
705 lecturas

Do martes 5 ao sábado 30 de setembro, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, permanecerá exposta a mostra de pintura Nova Terra, Nova Inspiración, de Howard Ross.

  • Howard Ross é un pintor de orixe canadense que agora vive en Pontevedra. Diplomado en Belas Artes na Universidade de Arte e Deseño de Toronto. É artista profesional desde 1985, o seu traballo foi principalmente figurativo cunha tendencia cara á abstracción. Só recentemente comezou a experimentar coa abstracción pura. Trata de provocar sensacións fortes cos seus traballos, as sensacións que xorden a partir da cor, a luz e a textura.

  • Exhibiu a súa arte tanto en exposicións individuais como colectivas. As súas obras están en coleccións particulares en Estados Unidos, Chile, Francia, Italia, Alemaña, Xapón, Portugal, España, Nova Zelandia, Australia e Canadá. Actualmente vive en Pontevedra

  • Armando Martínez, escultor e mestre canteiro, e prologuista do catálogo desta exposición preséntanos a Howard Ross como un pintor que pretende coa súa obra "un desexo de procura constante de si mesmo para trasladala a unha tea, unha obsesión pola cor que o fai viaxar entre dous mundos, os clásicos, coas súas cores fortes, o seu romanticismo e a pintura actual, no intento de lograr unir a súa propia existencia. Figuras que xorden da bruma como un renacer a unha nova vida, noites escuras, lume, animais que xogan coa cor e a súa contorna, rituais e danzas doutros tempos conforman os seus cadros. É en si mesmo un creador, un autodidacta empeñado en non conformarse con arquetipos, a súa pintura na súa orixinalidade é a súa propia creación, por tanto única no seu propio concepto e estilo."

Datas da exposición: do 05.12.2017 a 30.12.2017

Horario de visita:

  • De luns a venres: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
  • Festivos: de 10:00 a 14:00 h
Exposición de pintura "Nova Terra, Nova Inspiración", de Howard Ross, en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
05.12.2017
30.12.2017
Hora: 
10:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: