Exposición de pintura e escultura "NIHIL", de Tareixa Taboada, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
450 lecturas

Do venres 4 ao mércores 30 de xuño, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, permanecerá exposta a mostra de pintura e escultura NIHIL, de Tareixa Taboada.

  • A artista ourensá Tareixa Taboada presenta unha exposición composta por esculturas de bronce e cadros asolagados de cromatismo, que non deben distraer ao/á espectador/a da profundidade das mensaxes que pretende transmitir. Comprometida coa arte, a súa obra non é unha expresión meramente estética, senón que busca transgredir, provocar, mesmo conmover a quen a contempla.
  • Tareixa Taboada (Ourense, 1972,) é licenciada en Xeografía e Historia. Especialista en Arte Contemporánea. Crítica de Arte do xornal La Voz de Galicia, edición Ourense e Directora artística da Galería de Arte Visol (Ourense). É docente do CPR Cardeal Cisneros (Ourense) e bolseira pola  Fundación Internacional "A Solaina" de Piloño. 
  • Expuxo en distintos museos, institucións e galerías de arte en territorio autonómico, nacional e internacional, entre as que cabe destacar as seguintes exposicións individuais:
    "Zoon Politikon", Museo Municipal de Ourense (2018); "Seres estraños", Espazo de Arte Roberto Verino (2016); "Criaturas tóxicas", Galería de Arte Visol; "Outono Fotográfico", (varias edicións) Itinerancia; "Vudú Circus", Casa da Xuventude de Ourense; "4 Paredes", Espazo Fotográfico Can Bastei Barcelona. Centre Cívic Can Bastei, Barcelona; Sala Luisa Custa, Santiago de Compostela.
  • Participou en proxectos expositivos colectivos como "A Musa da Paz", Comisaria Ehlaba Carballo (2016); "Reivindicando a nosa axenta. Emerxencia feminista", Comisaria Ticiana Ghiglione Carriba. Deputación de Pontevedra. Marzo 2021; "Proxecto 8 de Marzo Coidarmos", Comisaria Luz Darriba (2021); "Proxecto Máscaras", Comisaria Inma Doval Itinerante, 2020 "Aouterretrato", Centro Cultural Marcos Valcárcel, 2019. Comisario Alejandro Caporale, entre outros.
  • A súa obra está presenta en distintas coleccións privadas e púbicas como a Colección de Arte do Museo Municipal do Concello de Ourense.

Horario de visita: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas - Festivos: de 10:00 a 14:00 horas.

Exposición de pintura e escultura "NIHIL", de Tareixa Taboada, en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
04.06.2021
30.06.2021
Hora: 
10:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: