Exposición de pintura e escultura 'Kontrakorriente', de Pilar Santos, en Madrid
O xoves 2 de febreiro ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase a exposición de pintura e escultura 'Kontrakorriente', da coruñesa Pilar Santos, que poderá visitarse ata o domingo 26 de febreiro.
- A personalidade artística de Pilar Santos é inmensa, como o demostran as súas múltiples e variadas manifestacións na música, dominando o manexo de numerosos instrumentos musicais
- Na pintura de Pilar Santos predominan dúas notas: a cor e o movemento e o humor e a tenrura. Este conxunto de lapis, plumillas, colaxes, acuarelas, óleos e acrílicos xorde de motivos tristes ou xocoso, pero a mirada tenra e divertida da autora dispón os materiais con lixeireza e pracer. A cor, o movemento, o humor e a tenrura son as notas predominantes na obra de Pilar Santos
- A súa obra destaca polo seu desenfado, polo seu grande eclectismo, participando o expresionismo máis feroz como o decorativismo. Unha visión do mundo moi particular, complexa e contraditoria

Evento:
Exposición
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data:
02.02.2017
26.02.2017
Hora:
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026





