Exposición de pintura "Corpo permeable/Corpo insubstituíble", de Gema López, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
146 lecturas

O xoves 2 de xuño ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra de pintura Corpo permeable/Corpo insubstituíble, da artista lucense Gema López. A súa obra, que poderá visitarse ata o 30 de xuño, indaga na súa biografía constantemente para debullar teorías ao redor de sentimentos frustrados, a memoria, o trauma e a capacidade humana de resiliencia.

  • A pintora, que traballa sobre todo co óleo e o debuxo, técnicas coas que máis se caracteriza, presenta, tal e como manifesta Olga Pastor no prólogo do catálogo da exposición, unha mostra dividida en dous tramos enlazando dous conceptos: por unha banda, a unión do eu e as circunstancias que lle rodean: o corpo permeable; e polo outro lado, presenta un eu que busca a identidade individual a través da introspección e dos sentimentos que outras persoas xeran na súa psique. É o corpo insubstituíble e conforma o segundo tramo da exposición. Con esta exposición, a artista lévanos da man ao interior da súa psique e con iso, penétranos tamén no noso. 
  • Gema López é licenciada en Belas Artes e Máster en Arte Contemporánea, creación e investigación pola Universidade de Vigo. Traballa como docente desde 2011 e é xerente de Gema López Estudio de Arte desde 2017, un proxecto artístico empresarial onde ofrece os servizos de academia de arte, deseño gráfico, ilustración, pintura e debuxo por encargo, ademais de exposición e venda das súas propias obras.
  • Como artista plástica, realizou a súa primeira exposición individual no ano 2006 e desde ese momento expuxo en diferentes salas do territorio nacional e internacional, tanto de forma individual como colectiva. Entre elas destaca o MARCO de Vigo, Museo do Pobo Galego, Auditorio de Galicia, ou as feiras JustMad (Madrid) e Parallax (Londres), entre outros.
  • A súa obra foi seleccionada en diversos certames e residencias artísticas; entre os seus premios destacan o 1º Premio de Pintura Universidade de Vigo (2010) e o 1º Premio de Artes Plásticas Xuventude Crea (2017).
  • Así mesmo, imparte conferencias e mesas redondas, participa en congresos artísticos e ofrece recitais poéticos. No ano 2021, publica o seu primeiro libro, un poemario ilustrado titulado El armario, editado por Multiverso.

Datas da exposición: do 02.06.2022 ao 30.06.2022

Exposición de pintura "Corpo permeable/Corpo insubstituíble", de Gema López, en Madrid
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
02.06.2022
30.06.2022
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España