Exposición de pintura de Amparo Salgueiro, na Casa de Galicia en Madrid
O mércores 8 de xaneiro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugúrase a exposición de pintura Cor, forma: eses misterios, de Amparo Salgueiro.
- Amparo Salgueiro (Panxón, Nigrán) presenta nesta mostra unha nova serie de obras, caracterizadas por unha gran diversidade de formas e cores. Formas que tratan de expresar ou suxerir algo interior; e que responden a unha necesidade de crear, de buscar e plasmar subxectivamente a beleza.
Datas da exposición: do 08.01.2020 a 31.01.2020
Horario de visita:
- De luns a sábados: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
- Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 h

Evento:
Exposición
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data:
08.01.2020
31.01.2020
Hora:
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026





