Exposición 'Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)', en Castelló

Listen to this page using ReadSpeaker
518 lecturas

O venres 18 de outubro ás 20:00 h, no centro cultural La Bohemia da capital da Plana, inaugúrase a mostra Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936), organizada polo Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" en colaboración co Consello da Cultura Galega e dentro dos actos conmemorativos do 150º aniversario do nacemento do escritor arousán.

  • A exposición será presentada por Santiago Fortuño Llorens, catedratico de Literatura Española da Universidade Jaume I de Castelló e doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Barcelona.
  • Entrada libre.
  • A mostra estará exposta ata o 28 de outubro.

Máis info: cgaturuxo.galiciaaberta.com | Facebook

Exposición 'Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)', en Castelló
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"
Data: 
18.10.2019
28.10.2019
Hora: 
20:00
Lugar:
La Bohemia
Ciscar, 14
Castelló de la Plana - 12003Castellón-Castelló
España