Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en São Paulo

Listen to this page using ReadSpeaker
672 lecturas

Do venres 19 de decembro de 2014 ao xoves 15 de xaneiro de 2015 estará exposta, na sede do Instituto Cervantes da capital paulista, a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) e a colaboración do Instituto Cervantes de São Paulo.

Trátase dunha exposición itinerante composta por 73 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.

Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en São Paulo
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega, Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) & Instituto Cervantes en São Paulo
Data: 
15.01.2015
Lugar:
Instituto Cervantes de São Paulo
Av. Paulista, 2439
São Paulo - 01311-300São Paulo
Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: