Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", na Casa Galicia de Nova York
Do sábado 21 de setembro ao xoves 3 de outubro de 2019 pode visitarse na Casa Galicia de Nova York a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí.
- Organizada polo Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia a través do CGAI, e comisariada por José Caruncho, a mostra é unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo, en Galicia.
- A exposición abrangue tres áreas diferenciadas: A Ida, A Volta e O Buque Santa María (que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación [DRIL] en xaneiro de 1961).
Máis info: Facebook | www.casagaliciany.com

Evento:
Exposición
Organiza:
Casa Galicia NY - Unity Gallega of U.S.
Consello da Cultura Galega
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Data:
21.09.2019
03.10.2019
Lugar:
Casa Galicia de NY - Unity Gallega of the U.S.
31st Avenue, 37-09 (Astoria)
New York - 11103Nova York Estados Unidos
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





