Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Madrid
Do 3 ao 29 de decembro estará exposta na Casa de Galicia - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia).
Trátase dunha exposición itinerante composta por 73 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.
Horario:
- De 10,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 20,00 h.
- Festivos: 10,00 a 14,00 horas

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega, Agadic & Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia)
Data:
29.12.2013
Hora:
20,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014 Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026





