Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Celanova
Do martes 22 de agosto ao domingo 17 de setembro pode visitarse, na Sala dos Arcos do Concello de Celanova, a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do concello celanovés.
- A exposición componse de 51 imaxes en branco e negro en tamaño 40 x 40 cm. Trátase dunha serie de escenas de gran emotividade, que plasman as despedidas e os reencontros protagonizados nos peiraos galegos por xente anónima. Ademais do seu valor artístico, constitúe un importante documento da época. Todas elas están positivadas en papel baritado e viradas ao selenio para a súa conservación. O tamén fotógrafo José Caruncho exerceu como coordinador técnico, autor do positivado e da selección das 73 fotografías que integran o catálogo e a compilación orixinal, a maior parte delas non reveladas ata o momento da estrea da exposición.
- Alberto Martí Vilardefrancos (A Coruña, 1922) é unha das figuras máis relevantes da fotografía galega, recoñecido pola súa condición de ‘retratista de historias humanas’. Desenvolveu o seu traballo tanto desde unha histórica tenda de fotografía da Coruña como ao longo dos máis de 50 anos nos que exerceu como reporteiro no xornal ‘La Voz de Galicia’. Ao longo da súa prolixa traxectoria, recibiu cantidade de galardóns nacionais e internacionais, entre os que destaca o Premio Nacional de Periodismo Gráfico.

Evento:
Exposición
Organiza:
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Consello da Cultura Galega
Concello de Celanova
Data:
22.08.2017
17.09.2017
Lugar:
Concello de Celanova - Sala dos Arcos
Praza Maior, 1
Celanova - 32800Ourense España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





