Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Brasilia

Listen to this page using ReadSpeaker
955 lecturas

O mércores 16 de abril ás 19,00 h., na sede do Instituto Cervantes da capital brasileira, inaugúrase a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) e a colaboración do Instituto Cervantes de Brasilia, onde estará exposta ata o sábado 16 de maio.

Trátase dunha exposición itinerante composta por 51 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.

  • Horario: de 9,00 a 20,00 h.
Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Brasilia
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Instituto Cervantes en Brasilia
Data: 
16.04.2015
15.05.2015
Lugar:
Instituto Cervantes de Brasilia
Seps 707/907 - Lote D - Asa Sul
Brasília - 70390-078Distrito Federal
Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: