Exposición 'O soño cubano da emigración galega', en Vigo
Do venres 19 de xuño ao mércores 15 de xullo pode visitarse no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a exposición O soño cubano da emigración galega, mostra promovida polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
- Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana dende a primeira metade do século XIX. Ao ser a segunda cidade do mundo que máis galegas e galegos acollía, despois de Bos Aires, fixo que a colectividade de Cuba se artellara de formas diversas a través de centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais dende os que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe.
- O soño cubano da emigración galega ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, dende a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.
Horario de visita: consultar aquí
Máis info: museodomar.xunta.gal | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega
Data:
19.06.2020
15.07.2020
Hora:
10:00
Lugar:
Museo do Mar de Galicia - Sala de exposicións temporais do 2º edificio
Avenida Atlántida, 160
Vigo - 36208Pontevedra España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: