Exposición 'O soño cubano da emigración galega', en Santiago de Compostela
Do xoves 7 de novembro ao domingo 22 de decembro pode visitarse no Museo do Pobo Galego a exposición O soño cubano da emigración galega, mostra promovida polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
- Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana dende a primeira metade do século XIX. Ao ser a segunda cidade do mundo que máis galegas e galegos acollía, despois de Bos Aires, fixo que a colectividade de Cuba se artellara de formas diversas a través de centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais dende os que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe.
- O soño cubano da emigración galega ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, dende a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.
Máis info: www.museodopobo.gal

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega
Museo do Pobo Galego
Secretaria Xeral da Emigración
Data:
07.11.2019
22.12.2019
Lugar:
Museo do Pobo Galego - Claustro baixo
Costa de San Domingos, s/n
Santiago de Compostela - 15703A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: