Exposición 'O soño cubano da emigración galega', en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
119 lecturas

Do venres 8 ao venres 29 de marzo pode visitarse na Casa de Galicia en Madrid a mostra O soño cubano da emigración galega.

  • Esta mostra enmárcase dentro das actividades programadas dentro das XVII Xornadas do peregrino "Abrindo Camiño". Homenaxe a Adrea López Chao.

  • O soño cubano da emigración galega é unha mostra promovida polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana desde a primeira metade do século XIX. Ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, desde a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega, cuxas actividades, centros e festas tiñan unha gran visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.

  • Esta exposición é moito máis que unha mostra, é o percorrido que ilustra a fortaleza, a continuidade e a visibilidade da presenza galega na Habana que percorre por primeira vez a relación histórica que Galicia mantivo coa Habana, onde se xestou a Galicia moderna e na que naceron os símbolos galegos: a bandeira, o himno e o escudo. A mostra permitirá coñecer unha relación que se remonta moi atrás e que se acentúa no século XX. 

  • En preto de trinta paneis pódese descubrir o perfil da e do galego emigrante na Habana (novos, maioritariamente homes, procedentes de sectores medios, que se integran no pequeno comercio, que chegan a Cuba a través de redes familiares e mecanismos persoais...) e coñecer o espertar dunha conciencia galega en Cuba que explica que boa parte dos símbolos da identidade de Galicia tivesen alí a súa raíz. Fotografías, documentos privados, materiais procedentes do asociacionismo galego ilustran esta mostra inédita que revisa unha destacada e potente relación histórica.

  • Ademais, permite recoñecer o basto tecido asociativo galego desde 1871, unha esfera pública articulada por cabeceiras de prensa propias e decenas de sociedades microterritoriales ou de instrución. Nela resoarán ademais os movementos sociais e políticos desenvoltos en Galicia desde finais do século XIX, desde o rexionalismo ata o agrarismo e o nacionalismo.

Datas e horario de visita: do 08.03.2024 ao 29.03.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 h.

Exposición 'O soño cubano da emigración galega', en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Casa de Galicia en Madrid
Secretaría Xeral da Emigración
Data: 
08.03.2024
29.03.2024
Hora: 
10:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net