Exposición "O soño cubano da emigración galega", en Celanova
O venres 4 de decembro ás 12:00 h, na Casa dos Poetas de Celanova, inaugúrase a exposición O soño cubano da emigración galega, mostra organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez.
- Contará coa asistencia da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga Rodríguez.
- Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana dende a primeira metade do século XIX. Ao ser a segunda cidade do mundo que máis galegas e galegos acollía, despois de Bos Aires, fixo que a colectividade de Cuba se artellara de formas diversas a través de centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais dende os que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe.
- O soño cubano da emigración galega ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, dende a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.
Datas da exposición: do 04.12.2020 ao 24.01.2021
Horario de visita: de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h (entrada de balde)
Máis info: www.currosenriquez.es | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega
Data:
04.12.2020
24.01.2021
Hora:
12:00
Lugar:
Casa dos Poetas - Fundación Curros Enríquez
Curros Enríquez, 37
Celanova - 32800Ourense España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: