Exposición “O Poder da Palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia. 1981-2021", en Lisboa

Listen to this page using ReadSpeaker
166 lecturas

Do xoves 2 de febreiro ao sábado 4 de marzo , na sede da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, pode visitarse a mostra O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021, que repasa os feitos máis destacables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución, o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez, ata a actualidade.

  • A mostra permaneceu aberta ao público na sede do Lexislativo autonómico entre o 15 de decembro de 2021  e o 15 de marzo de 2022, iniciando despois un percorrido polas cidades galegas e a Casa de Galicia en Madrid. Foi comisariada por Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. O comisario contou coa colaboración de Miguel Ángel Seixas Seoane e Gustavo Hervella García, integrantes do Grupo HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural, séculos XIX e XX); mentres que o deseño gráfico correu a cargo de Xosé Díaz Arias. 

Materiais

  • A exposición está integrada por 24 paneis, un vídeo divulgativo e 17 vitrinas con documentación histórica e bibliografía relacionada co proceso de configuración da autonomía de Galicia. 
  • Entre outros documentos, na exposición é posible contemplar a Proposta de Consello de Galiza de Castelao, datada ao redor de 1943 e cedida pola Biblioteca da Fundación Penzol, ou o mapa Gallaecia Regnum, datado en torno ao 1635 e cedido polo Museo do Pobo Galego. 
  • A mostra tamén incorpora obras como O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios, editada en 1948 pola colectividade galega en Arxentina e cedida polo historiador Miguel Ángel Seixas Seoane. 

Datas e horario de visita: de luns a venres, de 11:00 a 20:00 h

Cartel informativo: descargar

Máis info: www.juventudedagaliza.com | Facebook | Instagram | Twitter

Exposición “O Poder da Palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia 1981-2021", en Lisboa
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Parlamento de Galicia
Data: 
02.02.2023
04.03.2023
Hora: 
11:00
Lugar:
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Júlio de Andrade, 3 (Campo dos Mártires da Pátria)
Lisboa - 1150-206
Portugal
booked.net