Exposición "Morriña de la amada y recordada Galicia" de Martín Frieiro Varela, no Centro Galego de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
784 lecturas

O luns 26 de xuño ás 17:00 h, no Espazo do Socio do Centro Galego de Bos Aires, inaugúrase a exposición artística de Martín Frieiro Varela Morriña de la amada y recordada Galicia.

  • Martín Frieiro Varela (Rianxo, 1925), chegado á Arxentina en 1950, defínese como un artesán autodidacta. Traballa diversos materiais, entre eles a madeira prevalecendo na súa obra os hórreos galegos, así como cruceiros, faros, carros e elementos de labranza (en escala). Realizou numerosas exposicións. No ano 2001 conecta por primeira vez coa pintura. Desde ese momento as súas teas reflicten temas campesiños, marítimos e a paisaxe das rías galegas. Con materiais reciclados enmarca a súa propia obra. Nos seus óleos e nas súas artesanías galegas albíscase o recordo e a morriña da súa sempre amada e lembrada Galicia
  • Máis info en www.centrogallegoba.com.arfacebook e Instagram
Exposición "Morriña de la amada y recordada Galicia" de Martín Frieiro Varela, no Centro Galego de Bos Aires
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro Gallego de Buenos Aires
Data: 
26.06.2017
Hora: 
17:00
Lugar:
Centro Gallego de Buenos Aires
Belgrano, 2199 - Esq. Pasco
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1094AADCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: