Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Ramirás

Listen to this page using ReadSpeaker
246 lecturas

Do venres 9 ao sábado 31 de decembro, no Centro de Saúde de Ramirás e no marco do XVII Festival Internacional Rebulir, pode visitarse a mostra Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración do Concello de Ramirás e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

  • O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos/as emigrantes galegos/as. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles/as que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.
  • Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos/as nosos/as emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos/as emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que se presenta.
  • Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos/as emigrantes.
Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Ramirás
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Concello de Ramirás
Consello da Cultura Galega
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
09.12.2022
31.12.2022
Lugar:
Centro de Saúde de Ramirás
Vilavidal, s/n
Vilavidal - Ramirás - 32811 Ourense
España
booked.net