Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Lugo

Listen to this page using ReadSpeaker
177 lecturas

Do sábado 15 de decembro de 2018 ao domingo 3 de febreiro de 2019, no marco do "Congreso Internacional Musapalabra-Oficio de Palabreirxs: Migración (Culturas en diálogo 2018-2019)", permanecerá exposta na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo a mostra Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, con entrada de balde.

  • O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos/as emigrantes galegos/as. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles/as que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.
  • Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos/as nosos/as emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos/as emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que se presenta.
  • Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos/as emigrantes.

Horario de visitas:

  • Luns a venres: de 9:00 a 21:00 h.
  • Sábados: 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Domingos e festivos: 11:00 a 14:00 h.

Máis info: redemuseisticalugo.org | Facebook

Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Lugo
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
15.12.2018
03.02.2019
Lugar:
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo - 27001 Lugo
España