Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Cedeira

Listen to this page using ReadSpeaker
304 lecturas

Do luns 14 de febreiro ao venres 11 de marzo, no Auditorio Municipal de Cedeira, pode visitarse a mostra Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración do Concello de Cedeira e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

  • O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos/as emigrantes galegos/as. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles/as que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.
  • Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos/as nosos/as emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos/as emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que se presenta.
  • Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos/as emigrantes.

Datas e horario de visita: do 14.02.2022 ao 11.03.2022, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h

Máis info: cedeira.gal

Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Cedeira
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Concello de Cedeira
Consello da Cutura Galega
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
13.02.2022
11.03.2022
Hora: 
9:00
Lugar:
Auditorio Municipal de Cedeira
María Mediadora, esq. Convento
Cedeira - 15350A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Ciclo Mestre Mateo de cine galego, en Las Palmas
16.05.2023, 23.05.2023, 06.06.2023, 20.06.2023
Ciclo Mestre Mateo de cine galego, en Vitoria
17.05.2023, 25.05.2023, 08.06.2023, 22.06.2023