Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Vigo

Listen to this page using ReadSpeaker
664 lecturas

O venres 7 de febreiro ás 19:00 h, na Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia (Vigo), inaugúrase a mostra Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Museo do Mar de Galicia.

  • Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV- XVII é unha exposición producida polo Consello da Cultura Galega baixo o comisariado de Ofelia Rey Castelao na que se amosa as consecuencias que tivo para Galicia a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos.

  • Unha trintena de paneis repasan a historia desta época da navegación galega e como esta historia foi reflectida a través do imaxinario popular que recolleron grandes autores e investigadores da literatura galega ao longo dos tempos.

  • Inventio mundi recupera a historia de grandes navegantes como Sebastián de Ocampo, que demostrou o carácter insular de Cuba; Fernando de Andrade, responsable de varias viaxes oceánicas de Galicia; Gómez Pérez das Mariñas, que navegou polo Pacífico ou Pedro Sarmiento de Gamboa, clave para entender a cartografía da época, entre outros.

Datas da exposición: do 07.02.2020 a 12.04.2020

Horario de visita: picar aquí para consultar

Máis info: museodomar.xunta.gal | Facebook | Instagram

Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Vigo
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
07.02.2020
12.04.2020
Hora: 
19:00
Lugar:
Museo do Mar de Galicia - Sala de exposicións temporais do 2º edificio
Avenida Atlántida, 160
Vigo - 36208Pontevedra
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: