Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Cádiz

Listen to this page using ReadSpeaker
117 lecturas

Do luns 27 de marzo ao mércores 12 abril estará exposta na Bibiloteca da Facultad de Filosofía y Letras da UCA a mostra Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Universidad de Cádiz.

  • A mostra creouse en 2019 cando se conmemoraba o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Aquela epopea deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Máis info: filosofia.uca.es | Instagram

Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Cádiz
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
27.03.2023
12.04.2023
Lugar:
Biblioteca de la Facultad de Filosofía y Letras - Universidad de Cádiz
Avda. Doctor Gómez Ulla, s/n
Cádiz - 11003Cádiz
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: