Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Castelló
Do sábado 13 de abril ao domingo 12 de maio, na Sala de Exposicións do Edificio Moruno da Autoridade Portuaria de Castelló, poderá visitarse a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII, organizada polo Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" coa colaboración do Consello da Cutura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
- A mostra creouse en 2019 cando se conmemoraba o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta.
- Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Aquela epopea deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros.
- Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.
Cartel informativo: Descargar
Horario de visitas:
- De martes a venres: de 17:00 a 20:00 h.
- Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
- Entrada libre
Máis info: Facebook

Evento:
Exposición
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
13.04.2024
12.05.2024
Hora:
17:00
Lugar:
Sala de Exposiciones del Edificio Moruno - Port de Castelló
Plaza del Mar
Grau de Castelló - 12100Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






