Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', en Santa Fe

Listen to this page using ReadSpeaker
1050 lecturas

Do martes 29 de novembro ao luns 12 de decembro, no hall central da Estación Belgrano de Santa Fe, estará exposta Galicia imaxinada nas revistas da emigración, mostra que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX.

  • A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época
Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', en Santa Fe
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro Gallego de Santa Fe
Consello da Cultura Galega
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
29.11.2016
12.12.2016
Lugar:
Estación Belgrano
Blvd. Galvez 1150
Santa Fe - S3000ACQSanta Fe
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: