Exposición 'Galicia Imaxinada nas revistas da emigración', na UNSAM de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
300 lecturas

O mércores 10 de abril ás 17:30 h, no acceso á Biblioteca Central (edificio Tornavías) do campus Miguelete da Universidad Nacional de San Martín de Bos Aires, inaugúrase a exposición Galicia Imaxinada nas revistas da emigración, mostra que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX.

  • A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época

Datas da exposición: do 10.04.2019 ao 10.05.2019

Exposición 'Galicia Imaxinada nas revistas da emigración', na UNSAM de Bos Aires
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Cátedra Galicia América - Lectura Mundi / UNSAM
Consello da Cultura Galega
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
10.04.2019
10.05.2019
Hora: 
17:30
Lugar:
UNSAM - Campus Miguelete
25 de Mayo y Francia (Edificio Tornavías - Subsuelo Biblioteca Central)
San Martín - 1650Buenos Aires
Arxentina