Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
1161 lecturas

O mércores 27 de abril ás 10,00 h., na Sala de exposicións do Centro Galicia de Bos Aires, inaugúrase a exposición Galicia imaxinada nas revistas da emigración, mostra que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX.

  • A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época
  • Datas da exposición: do 27.04.2016 ao 30.05.2016
Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', en Bos Aires
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Consello da Cultura Galega
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
27.04.2016
30.05.2016
Hora: 
10,00
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Sala de exposiciones
Bartolomé Mitre, 2552
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1039Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina