Exposición 'A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración', en Ourense

Listen to this page using ReadSpeaker
864 lecturas

Do 11 de marzo ao 7 de agosto a Sala de exposicións Afundación de Ourense acolle a exposición A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración, que nos achega a arte realizada por creadores galegos dende fóra de Galicia, en América e Europa, ao longo de boa parte do século XX.

  • Horario da exposición:
    -De luns a venres de 17,30 a 20,30 h.
    -Sábados e festivos de 12,00 a 14,00 h. e de 17,30 a 20,30 h.
  • A exposición atende a tres núcleos principais: a presenza da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia de principios do século XX; os/as artistas exiliados/as en América tras a Guerra Civil; e as novas xeracións formadas na posguerra que encabezaron unha nova diáspora, esta vez dirixida cara ao centro do sistema cultural dominante, Madrid
  • A Área Educativa de Afundación organiza en torno a esta mostra tres visitas-obradoiro orientadas a escolares de todos os ciclos educativos, e tamén visitas comentadas de asistencia libre e obradoiros para grupos e colectivos de todas as idades, adaptadas ás necesidades e inquedanzas dos/as usuarios/as
  • Máis info en www.afundacion.org
Exposición 'A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración', en Ourense
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Afundación
Data: 
11.03.2016
07.08.2016
Lugar:
Afundación Ourense - Sala de exposicións
Praza Maior, 4
Ourense - 32005Ourense
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: