Exposición 'A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración', en Ferrol

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

99 lecturas

Do 4 de outubro de 2018 ao 5 de xaneiro de 2019 a Sede Afundación Ferrol acolle acolle a exposición A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración, escolma dos tesouros das coleccións de arte ABANCA e Afundación que falan da emigración, unha proposta para toda a comunidade galega, onde poder ver e vivir grandes obras creadas ao longo do século XX por algúns dos nosos artistas máis destacados, desde Castelao a Isaac Díaz Pardo ou Luís Seoane. O nexo que os une a todos nesta mostra é o ter representado nos seus cadros a pegada da experiencia migratoria desde fóra das nosas fronteiras.

  • A mostra, comisariada por Carlos L. Bernárdez, reúne 40 obras de 19 artistas galegos que contan cun amplo recoñecemento tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras. A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración incide na achega cultural do fenómeno migratorio e a influencia que exerceu esta experiencia vital na evolución artística de cada un dos creadores escollidos.
  • O percorrido parte dunha das figuras chave na historia da arte galega: Castelao, cunha presenza da emigración constante na súa obra. A través del chégase a un segundo núcleo expositivo constituído polos artistas exiliados en América tras a guerra civil. Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro son algúns dos creadores destacados cando falamos da arte galega á outra beira do Atlántico. A través das súas obras podemos observar como evoluciona a súa produción artística, en que está presente o país que deixaron atrás e a nova realidade americana, adoptando as expresións dunha sólida renovación formal que os conectan coas correntes internacionais máis avanzadas.
  • A exposición finaliza cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra, un colectivo que protagoniza un novo fenómeno migratorio, esta vez principalmente cara a Madrid, o centro do sistema da cultura dominante, e outras cidades coma Nova York ou París. Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Manuel Mampaso, Luis Caruncho, Antonio Lago Rivera ou Tino Grandío son algúns dos representantes desta segunda diáspora con creacións que forman parte da mostra.

Relación de autores: Isaac Díaz Pardo; Castelao; Manuel Pailós; Manuel Colmeiro; Luís Seoane; Laxeiro; Angel Botello; Arturo Souto; Eugenio Granell; Isaac Díaz Pardo; Tino Grandío; Mario Granell; Manuel Mampaso; Manuel Molezún; J. M. Labra; Luis Caruncho; Tino Grandío; Jorge Castillo; Antonio Lago Rivera; Leopoldo Nóvoa

Horario:

  • Luns a venres, de 17:00 a 21:00 h
  • Sábados, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h

Entrada: de balde

Información actividades para escolares: areaeducativaferrol@afundacion.org | 981 330 280

Máis info: www.afundacion.org | Facebook | Twitter |Instagram

Exposición 'A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración', en Ferrol
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Afundación - Obra Social Abanca
Data: 
04.10.2018
05.01.2019
Lugar:
Sede Afundación Ferrol
Praza da Constitución, s/n
Ferrol - 15402A Coruna
España
  • O TEMPO EN:Corunna
    Hoxe
    15°
    Parcialmente anubrado
    Mañá
    16°
    Feira