Exposición fotográfica do Centro Galego de Móstoles

Listen to this page using ReadSpeaker
683 lecturas

Do xoves 29 de novembro ao xoves 13 de decembro pode visitarse, na Sala 2 do Centro Cultural Villa de Móstoles, a exposición organizada polo Centro Gallego de Móstoles con 100 fotografías datadas entre finais do século XIX e mediados do XX. Esta exposición é unha inicitaiva dun grupo de socias e socias da entidade co obxecto de dar a coñecer a súa terra natal na vila madrileña: as súas paisaxes, costumes, cultura etc... para o que prestaron imaxes das súas coleccións particulares.

  • Haberá premios para a fotografía máis antiga e para a máis orixinal, que serán entregados o día 15 de decembro nun acto que terá lugar na sede social do centro (Cervantes, 7 - Móstoles).
  • Así mesmo, proxectarase a película Miss Ledya, primeiro filme de acción rodado en Galicia por José Gil y Gil en 1916, con guión de Rafael López de Haro.
Exposición fotográfica do Centro Galego de Móstoles
Organiza: 
Centro Gallego de Móstoles
Data: 
29.11.2012 a 13.12.2012
Hora: 
11,30
Lugar:
Centro Cultural Villa de Móstoles
Plaza de la Cultura, s/n
Móstoles - 28931Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: