Exposición "Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)", en París
O venres 27 de xaneiro ás 18:00 h, na Sala de Exposicións do Instituto Cervantes de París, inaugúrase a exposición Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970).
- O comisario da mostra, Xosé Carlos López, realizará unha visita guiada á exposición durante a inauguración.
- Co gallo do Ano Laxeiro durante o que Galicia rende homenaxe ao pintor galego máis relevante do século XX, José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín 1908 – Vigo 1996), o Goberno galego, a través da Fundación Cidade da Cultura e en colaboración co Concello de Lalín, organiza esta mostra co obxectivo de difundir o legado dun dos grandes renovadores da pintura galega dentro e fóra de Galicia.
- A exposición presentada no Instituto Cervantes de París, co apoio da Embaixada de España en Francia, céntrase na época arxentina do artista. Comisariada por Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, Foi un home. Laxeiro en América (Buenos - Aires, 1950 -1970) reúne pezas procedentes de diversas institucións como o Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, o Museo de Pontevedra ou Afundación, centradas na época de madurez deste lalinense internacional que se instalou na Arxentina durante vinte anos, mergullándose no ambiente intelectual da capital porteña, foco da emigración e o exilio galego.
- A figura de José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996) enmárcase na Vangarda histórica galega, na que, a principios dos anos trinta, un inquieto grupo de novos artistas e intelectuais, coñecido como Os Renovadores, iniciou un proxecto de actualización estética. En 1951 viaxa a Bos Aires para participar na exposición titulada Artistas galegos, organizada polo seu amigo Luís Seoane por encargo do Centro Gallego de Buenos Aires, na Galería Velázquez. Desde entón fixa a súa residencia na capital arxentina ata 1970. Alí, incorpórase ao núcleo fundamental da cultura galega en América. En 1970 regresa defitinitvamente a España e falece en 1996 en Vigo, con 88 anos.
Datas da exposición: do 27.01.2023 ao 12.03.2023
Horario de visita: De martes a xoves de 10:00 a 18:00 h; venres e sábados de 10:00 a 15:00 h
Cartel: descargar
Máis info: cultura.cervantes.es/paris | Twitter | Facebook

Evento:
Mostra
Organiza:
Fundación Cidade da Cultura - Xunta de Galicia
Instituto Cervantes de París
Data:
27.01.2023
12.03.2023
Hora:
18:00
Lugar:
Instituto Cervantes de París
7, rue Quentin Bauchart
París - 75008Paris (75) Francia
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
09.06.2023 a 11.06.2023