Exposición 'Eles queren contarnos', en Lugo

Listen to this page using ReadSpeaker
832 lecturas

O venres 17 de outubro ás 20,00 h., no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, inaugúrase a mostra de paneis Eles queren contarnos, que permanecerá exposta ata o luns 27 de outubro.

Organizada pola Fundación Madres de Plaza de Mayo-Línea Fundadora e a Secretaría de Cultura da República Arxentina, conta coa colaboración do Departamento de Dereitos Humanos da Embaixada da República Arxentina en España e a Rede Museística Provincial de Lugo, e ten por obxecto contar -a través dun percorrido de pancartas utilizadas polas Madres de Plaza de Mayo- máis de sesenta historias de vida de vítimas do terrorismo de estado en Arxentina, construídas a partir do material aportado polos seus e as súas familiares.

Exposición 'Eles queren contarnos', en Lugo
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Fundación Madres de Plaza de Mayo - Línea Fundadora & Secretaría de Cultura da República Arxentina
Data: 
17.10.2014
Hora: 
20,00
Lugar:
Museo Provincial de Lugo - Refectorio
Praza da Soidade, s/n
Lugo - 27001Lugo
España