Exposición 'Culturas en Diálogo – Somos migrantes, abrimos camiños', en Barreiros
O mércores 18 de decembro ás 19:00 h, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante (no concello lucense de Barreiros), inaugúrase a mostra Culturas en Diálogo – Somos migrantes, abrimos camiños, que permanecerá exposta ata o 30 de decembro.
- Na exposición, ademais de fotografías e material relacionado coa emigración á Arxentina e o Uruguai poderase contemplar tamén parte do fondo fotográfico e documental sobre a emigración a Cuba, recopilado polo Seminario de Estudos “Os Espigueiros”, de San Miguel.
Datas e horarios de visita:
- Xoves 19, de 16:00 a 20:00 h
- Venres 20, a partir das 20:00 h
- Sábado 21, a partir das 19:00 h
- Domingo 22, a partir das 17:00 h
- Luns 23, de 16:00 a 18:00 h
- Xoves 26, de 16:00 a 18:00 h
- Venres 27, de 16:00 a 18:00 h
- Sábado 28, de 11:00 a 13:00 h
- Luns 30, de 16:00 a 18:00 h

Evento:
Exposición
Organiza:
Rede Museística da Deputación de Lugo
Concello de Barreiros
Seminario de Estudos “Os Espigueiros”
Asociación Rioplatenses de Lugo
Data:
18.12.2019
30.12.2019
Hora:
19:00
Lugar:
Colexios Vellos de San Miguel de Reinante
Camiño a Colexios Vellos, s/n
San Miguel de Reinante - Barreiros - 27793Lugo España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





